jueves, 19 de noviembre de 2009

VICTORIA NA CHARCA

Con unha tarde destas que chove e non chove, o Crocha desprazouse ata Abanqueiro para disputar outra xornada de liga. 
O partido empezou moi ben para o Crocha xa que Michu ia adiantar o Crocha no minuto 5 con unha gran volea dentro da area. Tras ese gol o Crocha foise facendo co peso do partido e froito dese dominio chegaria o 2-0 que foi obra de Subi cun remate dentro da area tras un corner. Con iste resultado nos fomos o descanso.
Na segunda parte o Crocha saiu renovado xa que o mister fixo tres cambios dandolle saida o campo a Michel, Pivan e mais Pibe. Na segunda parte mais do mesmo o Crocha xogando moi comodo non tivo problemas para encarrilar o partido tendo varias ocasións para ampliar o marcador, pero finalmente foi Pibe o que marcaria o 3-0, con iste gol cerrariase o marcador neste partido. Tamen destacar unha gran falta lanzada por Lino que a piques estivo a punto de entrar, pero esta vez a cruzeta rexeitou o esferico.
Para a semana recibimos o Salvora, un dos osos duros esta tempada, pero confiemos no noso equipo para volver a sumar outros 3 puntos que pouco a pouco nos van poñer no noso sitio.


P.D: Moitas Grazas, IDOLA!!!

0 comentarios: